lunes, 20 de octubre de 2008

XIII XORNADAS GALEGAS DE PSICOLOXÍA CLÍNICA: A TRISTURA POR DENTRO


21 e 22 de novembro de 2008
Sada (A Coruña)
Auditorio Casa da Cultura “Pintor Lloréns”

Venres 21
10.00-14.00 Obradoiro. Prevención e manexo das condutas suicidas. Dolores Mosquera Barral.
Centro LOGPSIC A Coruña.

16.00 Inauguración Oficial. Mª Rosa Álvarez Prada. Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía
de Galicia. Abel López Soto. Alcalde de Sada.

16.15 Mesa 1: Algo novo sobre os males do ánimo? Coordinador: Víctor M. Torrado Oubiña.
- Aportacións recentes en Terapia Condutual. Miguel Ángel Vallejo Pareja. UNED Madrid.
- O tratamento das familias tristes. José Luis Rodríguez-Arias Palomo. Hospital Virxe
da Xunqueira. Cee. A Coruña.
- A depresión destes tempos. Luis Ferrer i Balsebre. CHU Santiago de Compostela.

18.15 Pausa-café.

18.30 Mesa 2: Outras formas da tristura. Coordinadora: Áurea Losada Quintairos.
- A depresión no trastorno bipolar. Ana Cristina Eiriz Castillo. LOGPSIC A Coruña.
- Tristura e procesos de cambio. Gonzalo Martínez Sande. CHU A Coruña.
- Foguetes e resacas na dependencia da cocaína. Lorena Casete Fernández.
ACLAD. A Coruña.

20.30 Asemblea de socios da Sección de Psicoloxía Clínica do COPG.

22.00 Cea oficial das xornadas (“A Terraza”. Sada).

Sábado 22

10.00 Comunicacións libres (*).

11.00 Mesa 3: Niveis e contextos de intervención. Coordinadora: Laura Ageitos Miragaya.
- Programa de prevención de suicidios. Ernesto Ferrer Gómez del Valle. Subdirección
Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias. Consellería de Sanidade.
- Palabras ou fármacos. Unha cuestión de química. José Eduardo Rodríguez Otero.
CHU A Coruña.
- Tratamento psicosocial da tristura. Concepción Isla Rodríguez. Asociación de Axuda ó
enfermo mental “A Mariña” Burela. Lugo.

12.30 Pausa-café.

13.00 Conferencia de clausura: Actualidade da terapia psicolóxica na depresión.
Amparo Belloch Fuster. Universidad de Valencia.

14.00 Clausura das Xornadas. Mercedes Castro Bal. Presidenta da Sección de Psicoloxía Clínica
do COPG.

(*) A presentación está limitada a unha exposición de 15 minutos. Deberá enviarse ao Presidente do Comité Científico

(copgalicia@cop.es especificando no asunto XIII Xornadas Galegas de Psicoloxía Clínica) un resumo en formato Word dun máximo de 400 palabras no que se incluirá a seguinte información: autor/es, filiación, introducción, método, resultados e
conclusións. Deberá indicarse asemade o material audiovisual que precisen.
Cota de inscrición das xornadas

Membros da Sección de Psicoloxía Clínica do COPG (Obradoiro non incluído) Gratuíto
Psicólogos/as colexiados/as 60 €
Estudantes e psicólogos/as colexiados/as desempregados/as 30 €
Outros 90 €
Cea 35 €
Cota do obradorio (prazas limitadas) 30 €

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Ha finalizado ya el plazo para inscribirse en las jornadas? Lucía.

Candela dijo...

El plazo finaliza el 14 de noviembre, o sea pasado mañana.
Candela